Go to Top
De conformidade có establecido no artigo 20º dos vixentes Estatutos da Federación Galega de Petanca, e como presidente, convoco a vostede á reunión da ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no salón de actos da Casa do Deporte, na rúa Fotógrafo Luís ksado, nº 17 do concello de Vigo, o próximo sábado, 21 de decembro ás 10:30 horas en primeira convocatoria, e de non concorrer a maioría necesaria, ás 11:00 horas en segunda convocatoria, baixo a seguinte:

O R D E   D O  D Í A

 

  1. Memoria Deportiva 2013.
  2. Calendario e Normas Deportivas 2014.
  3. Balance e situación 2013.
  4. Orzamento 2014.
  5. Propostas da Xunta Directiva
  6. Propostas dos Clubs
  7. Rogos e preguntas.

Comunícolle que á sala da reunión onde celebraremos a Asemblea terán acceso as persoas acreditadas que pertenzan á mesma e as persoas invitadas polo Presidente FGP (Presidentes de clubs non asembleístas) con dereito a voz. Así como o público que queira asistir só como oíntes.

O Presidente

Xosé Lois Simoes