Go to Top

Dende a Secretaría xeral para o Deporte  recordamos que se inicia un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de NOVEMBRO.

 
Solicítase publicidade de esta información na páxina web da súa federación.
 
Agradecemos que colaboredes na tramitación das certificacións que vos solicitarán os interesados en ser recoñecidos e que deberán presentar:
 
1.       Modelo de solicitude  cuberto con tódolos datos do interesado/a, asinado na parte inferior esquerda polo deportista ou polo seu titor se é menor de idade.
 
2.       Unha vez cuberta dita solicitude, o secretario da federación, co visto bo do presidente, asina e sela dita solicitude.
 
3.       A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2016.
 
4.       Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
 
5.       Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
 
 
As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas, ou na
 
Escola Galega de Administración Pública, EGAP
Rúa Madrid 2-4 (2ª planta)- 15781
Santiago de Compostela
 
 
Xuntamos a normativa reguladora do procedemento, o modelo de solicitude web, e a última publicación no DOGA de deportistas recoñecidos e a vixencia.
 
Agradecendo a vosa colaboración,
Recibide un cordial saúdo

 

Mónica Carballo Miguez

Técnico Deportivo-Escola Galega do Deporte

Tfno: 881 996367-Fax- 881 996368

Secretaría Xeral para o Deporte

XUNTA DE GALICIA